lunes, 18 de diciembre de 2017

GUÍAS DE LECTURA NADAL 2017

Baixo o lema "COMPARTE AMOR POLO NOSO" , a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, vén de publicar as guías de lectura.
Esta lista é froito dun traballo cooperativo dos centros da comarca, no que o noso centro participa activamente.
Ten como obxectivo, animar á comunidade educativa a agasallar libros  e música no noso idioma. Trata de reflectir as novidades editoriais do último ano, tendo en conta as distintas idades e formatos; narrativa, poesía, cómic ou divulgación.
Este ano non nos quixemos esquecer de incluír, asemade, libros de María Victoria Moreno, autora que será homenaxeada nas Lettras Galegas 2018.
Agradecer  a Ana  Valuja do CEIP de Seixo, que se ocupou da enmaquetación e a Luz Beloso do IES de As Barxas de Moaña pola ilustración.






domingo, 17 de diciembre de 2017

PROXECTO O NOSO CORPO E OS ALIMENTOS

Este trimestre na aula de 3ºB empezamos traballando co noso primeiro proxecto, O NOSO CORPO E OS ALIMENTOS.
Empezamos coa recopilación da información, dende buscar libros relacionados co tema na nosa biblioteca de centro ata traer todos os libros que quixeran da casa.
Na aula de informática estivemos vendo varios vídeos relacionados co tema e facendo pequenos esquemas para aprender a recoller a información máis importante.
Unha vez na clase, por equipos, copiamos a información máis relevante para ir empezando a cubrir o gran mural da nosa aula. Un equipo traballou os ósos, outro os músculos, outro as funcións vitais e as etapas da vida.Nunha primeira parte buscamos todo o relacionado co noso corpo para rematar traballando coa ALIMENTACIÓN.  Posteriormente todos elaboramos A RODA E A PIRÁMIDE DE ALIMENTOS. 












A derradeira parte do noso proxecto foi elaborar un pequeno Power Point en parellas sobre todo o que indagamos sobre OS ALIMENTOS. 
Que é a nutrición?Que son os nutrientes? Para que serven?E a dixestión como se fai?... Estas e moitas máis preguntas foron as que buscaron e resumiron nos seus cadernos para despois pasalas a limpo na súa presentación. ESTA É UNHA BOA MANEIRA DE APRENDER A APRENDER!

MIRADE QUE BEN O FIXERON!


























PARABÉNS A TODOS E A TODAS POR ESTE GRAN TRABALLO!  ;)

martes, 5 de diciembre de 2017

E SEGUIMOS COS EXPERIMENTOS!

Como cada semana, os nenos e nenas de terceiro continuamos cos experimentos. Esta vez fixemos gominola de cocacola!

Para elaborar a nosa gominola precisamos cocacola, xelatina neutra e auga.



O primeiro que fixemos foi disolver as láminas de xelatina na auga. Para que quedaran ben disoltas  quentamos a auga e removemos moi ben.





Nunha xerra vertemos a cocacola e engadímoslle a mistura anterior (auga e xelatina). Removemos un chisquiño para que se misturara todo ben e vertemos todo o líquido na botella de cocacola que quedara baleira.



Despois gardamos a botella no frigorífico e esperamos ata o día seguinte para ver o que acontecera.



Por fin chegou o momento de comprobar que sucedera! Estabamos todos ansiosos por saber que lle pasara a nosa botella, algúns incluso dicían que ía a explotar pero non foi así.


O que pasou  foi que o líquido da botella  solidificouse e converteuse en gominola. 

Xa tiñamos a nosa gominola con forma de cocacola lista!!! Agora soamente faltaba quitala da botella.


A nosa intención era cortar a botella con moito coidadiño para non romper a gominola pero non tivemos sorte. Tanto á profe Ana como a Silvia rompeulles a cocacola de gominola. 





Que mellor xeito de rematar o noso experimento que saboreando unha gominola feita por nós.  E que rica estaba!




VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...