lunes, 13 de noviembre de 2017

MES DA CIENCIA


Durante este mes de novembro imos celebrar o Mes da Ciencia cun experimento cada semana. Nas clases de 3ºA e 3º B empezamos este mércores 8 realizando o primeiro experimento. 

COMO IDENTIFICAR A PRESENZA DE GRAXAS

Con esta práctica puidemos detectar a presenza de granxas nalgúns dos alimentos. Colocamos nun folio distintas mostras de galletas, chourizo, queixo, mandarina, aguacate, cabaza, plátano, aceite, cenoira e salchicha. 
Tivemos que esperar uns minutos para que secasen as marcas deixadas no papel. Unha vez secas obsevamos o papel a contra luz. A mancha translúcida que queda cando o papel está seco indica que hai substancias graxas. A intensidade e o tamaño da devandita mancha dános unha idea da cantidade de graxa que contén ese alimento.
Pasámolo moi ben!












Cal será o seguinte? ;)






No hay comentarios:

Publicar un comentario

VISITA DOS PELOUROS

Os PELOURIÑOS E PELOURIÑAS do quinto ano de E. infantil, tiveron a fantástica idea de vir compartir con nós o proxecto que sobre o artista i...