lunes, 24 de abril de 2017

VISITA Á ESTACIÓN FITOPALÓXICA DE AREEIRO

O pasado mércores 19 e 20 de abril o alumnado de 3º e 4º  visitou a Estación Fitopatolóxica de Areeiro.
Que é?
Foi creada a finais de 1980 pola Diputación Provincial de Pontevedra co fin de buscar solucións aos problemas fitosanitarios que ian xurdindo nos diferentes tipos de cultivos. Ata esa data "Areeiro" estaba destinada ao gando e a experiencias de tabaco.
Centra a súa actividade en dúas liñas fundamentais: por unha parte o diagnóstico fitopatolóxico e por outra parte a investigación.

Que é o que fan?
 O principal obxectivo é asesorar na materia de fitopatoloxía, é dicir, axudar aos agricultores e Servicios Oficiais en todo o referente ao recoñecemento de plagas e enfermidades dos nosos cultivos, así como tamén indicar as medidas de protección e control que deben seguir para evitar as pérdidas que eses patóxenos ocasionan neses cultivos.
Cos anos creouse unha unidade de fruticultura, coa misión de recuperar variedades autóctonas galegas en canto a frutais se refiere, así como tamén á introdución de novas especies e variedades frutículas aptas para a nosa zona.


Tamén se crea un Laboratorio de Solo e o primeiro laboratorio de Loita Biolóxica que existe en Galicia, onde se investigan os distintos fungos, bacterias e se crían distintos tipos de parásitos beneficiosos para loitar contra as distintas plagas.

Que é o que vimos?
Nada máis chegar rebíronnos na entrada da finca, Ángeles e Pedro Mansilla, director do centro quen nos explicou un pouco de historia e en rasgos xerais que era o que alí se facía.
Despois estivemos con Ana, técnico de laboratorio, quen nos explicou un montón de curiosidades sobre os bechos.
O primeiro insecto que puidemos ver foi o Goni, que o podemos atopar nos eucaliptos, incluso vimos como comía as súas follas. Para combatir a ese insecto o que se fai é soltar outro, un parásito que pon os seus ovos enriba dos ovos do Goni, evitando así que medren as súas larvas.

Gonis

Avispilla do eucalipto,parásito que se usa para combatir ao Goni
Outro insecto que está a acabar coas palmeiras desta zona e que non se puido facer nada para salvalas é o insecto Picudo Vermello.

  Tamén vimos avispas asiáticas e algunha vacaloura, en perigo de extinción hoxe en día. 

Así como tamén as distintas trampas que se utilizaban para capturar a distintos insectos.


Posteriormente fixemos un percorrido por unha pequena parte da finca de Areeiro, xa que mide arredor de 5 Ha. e coa compañía de Angeles estivemos vendo as distintas árbores e parcelas dedicadas ao cultivo de diferentes especies froiteiras e ornamentais.
O que máis abunda en Areeiro son as Camelias onde destaca unha importante colección de 40 especies e 700 cultivares. Pouca xente sabe que o té se prepara, só e exclusivamente, a partir de follas novas e gromos secos dun arbusto perenne da especie de Camellia Sinensis.  Iso é, a planta do té é unha camelia. Tamén é común pensar que os diversos tipos de té se obteñen de plantas diferentes. Nada máis lonxe da realidade, todos proceden da mesma planta, aínda que se diferencian os uns dos outros no tipo de tratamento ao que se somenten as súas follas.
Aínda que a camelia se implanta nun primeiro momento con fins ornamentais, a día de hoxe comezan a agromar distintas iniciativas, como a realización de distintos xabóns e o aceite de camelia. 



Botade unha ollada do ben que o pasamos!













No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...