domingo, 11 de mayo de 2014

APADRIÑAMENTO LECTOR

   Se hai unha actividade ao longo do curso que sexa capaz de concentrar máis emocións xuntas esa é 
 "O apadriñamento lector":Tenrura, compañerismo, tranquilidade, responsabilidade, gratitude, ilusión, admiración, euforia, ...
   O alumnado do segundo ciclo xa somos considerados maiores, e puidemos demostralo léndolle aos máis pequenos ese conto, libro ou historia que tanto nos gustou cando eramos máis cativos. É emocionante saber, quen vai ser o noso afillado e elexir o libro máis adecuado, ese, que sabemos que lle vai encantar. Vén logo a preparación, o entrenamento da lectura porque o queremos ler como fai mamá, papá ou a profe ou o profe, con esa entoación que fai manter a nosa atención alerta en todo momento.
  Botádelle unha ollada as imaxes!








No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...