sábado, 25 de mayo de 2013

VISITA DE FRAN ALONSO



 
O pasado mércores, os nenos e  nenas de terceiro de primaria acompañados polo alumnado de quinto tivemos a sorte de coñecer a Fran Alonso na biblioteca do noso cole.
   A verdade é que estabamos moi ilusionados pois durante este curso estivemos lendo os seus poemas. Nós lemos "  O meu gato é un poeta" que resultou ser un libro máxico porque cada poema que liamos incitábanos a escribir o noso propio.
   O autor mantivo a nosa atención recitando os seus poemas e utilizando dende globos ata diferentes bonecos, subíndose enriba das cadeiras ou mesturándose entre nós.
   Rematou a sesión e con moita paciencia e cariño foi firmando cada un dos nosos libros dunha maneira personalizada, facéndonos unha rima co noso nome, interesándose polas nosas afeccións ou incluíndo a dedicatoria nun caligrama.

domingo, 19 de mayo de 2013

DESPEDIDA DE BORJA

Non foi unha despedida e si un "ata pronto". Borja, o noso querido compañeiro,  márchase a vivir a Madrid, nada máis e nada menos. 

   O principio foi un sock ..., pero despois a profe explicounos que no se ía para sempre, que Borja seguía sendo de Bueu e que o próximo mes de xullo ía volver de vacacións. 

   Unha vez superada a primeira impresión empezamos a argallar unha festa de despedida ás agachadas de el. Cada un de nós preparamos unhas cartas nas que lle deciamos por que o iamos botar de menos   ou por que o queriamos tanto ou por que nos gustaba estar con el. 
   Saíron verdadeiras poesías destes papeis. Declaracións sinceiras de amizade, cariño, respecto, admiración a quen, por unanimidade, consideramos, ante todo, unha boa persoíña.
 Pasamos uns momentos moi emotivos mentres se lían as mensaxes. Non houbo bágoas e si moitos sorrisos, bicos e apertas.
   
   Borja botarémoste de menos. Os teus compañeiros e compañeiras e todos os profes desexámoste ...
SORTE AMIGO!

sábado, 11 de mayo de 2013

CORRELINGUA 2013

O pasado venres 10 de maio celebrouse en Bueu o 4º Correlingua no Morrazo. Foi todo un record de participación pois cerca de 1800 nenos e nenas dos diferentes colexios da comarca encheron as rúas da nosa Vila. Foi verdaderamente emocionante ver a Praza Masso chea de rapaces e rapazas cantando e bailando ao ritmo Luís Prego e a súa banda.
O alumnado de 2º ciclo acudimos, acompañados da totalidade do centro, vestidos todos cunha camiseta que previamente decoramos cunha palabra relacionada cos tecnoloxía e a ciencia. Así nas nosas costas podíase ler vocablos como: "lavalouzas, rato, altofalante, cataventos, rede, desparafusador, espremedor, ...
Recorrimos as rúas de Bueu, mentres os máis pequeniños quedaban na praza realizando diferentes xogos.
FOI UN DÍA FANTÁSTICO

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...