domingo, 14 de noviembre de 2010

VISITA DO PAPÁ DE ICÍA

Podedes ver a continuación as fotos da visita de Xabier Escribano, Papá de Icía. Foi tal o seu éxito que ao final tivo que firmarlle autógrafos aos nenos e nenas que alí estaban.
Xa sabedes que podedes compartir todo o que con el aprendimos noutra entrada deste blog.

GRAZAS XABIER !!!!




VISITA DE XABIER ESCRIBANO

Aproposta do equipo de normalización lingüística, este outono, no cole estamos a facer un pequeno proxecto sobre cogomelos.
Os nenos e nenas de terceiro tras reflexionar comprobamos que:
SABEMOS
  • Que son fungos
  • Que algúns son velenosos
  • Que algíns son comestibles
  • Que teñen diferentes cores, formas e tamaños

QUEREMOS SABER

  • Cales son venosos
  • Cales son comestibles

Tras ver un power point que nos deixaron os nosos compañeiros de primeiro, Xabier Escribano, papá de Icía atreveuse a vir ao cole para contarnos o que el sabía e así continuar coa nosa investigación.

Así o pasado venres, 12 de novembro, Xabier empezou falándonos das amanitas. Esta especie de cogomelos caracterízase por ter uns aneis con frecos e por ter unha textura aterciopelada. Dentro delas hai diferentes tipos:

  • Amanita Pantherina: De cor branca. É tóxica, produce alucinacións e pode ser mortal.
  • Amanita Muscaria: Vermella e branca. É tóxica, produce alucunacións. En algúns lugares lle chaman escornabois, pois volven tolas ás vacas. Xa sabedes que estas son as casiñas dos trasnos.
  • Amanita Phalloides: Verde . É velenosa e a súa inxesta produce a morte.
  • Amanita Verna: Branca. Tamén é mortal.
  • Amanita Rubescéns. Laranxa. É comestible e moi rica. Chámanlle tamén amanita caesaris e ovo de rei.

O papá de Icía tamén nos falou dos Inocybes, especie de cogomelos tamén moi tóxico e que tamén pode chegar a ser mortal.

Xabier emocionouse máis cando nos falou das macrolepiotas. Esta especie comestible, tamén chamada zarrotes, a hai moito na súa terra natal, Chantada. Contounos que a súa avoa as preparaba dunha forma sinxela, sacándolle a pel, e botándoa cunha areíñas de sal sobre a cociña de ferro.

Xabier insistiunos moito en que nunca debemos coller cogomelos sen a presenza dun experto.

A VER SE SODES CAPACES DE DISTINGUIR ESTOS COGOMELOS:





sábado, 13 de noviembre de 2010

SAMAÍN


Este ano celebramos o Samaín como nunca. Na casa, coas nosas familias, inventamos e decoramos os nosos conxuros e a verdade e que saíron tremendos. Agora no noso corredor hai un mural inmenso con todos eles. Houbo algúns que levaron premio, pero todos nos sentimos satisfeitos de velos alí expostos.
Tamén durante toda a semana estivemos a cantar unha canción de Mamá Cabra, que da verdadeiro terror.
Trouxemos ademais da casa, as cabazas decoradas das maneiras máis extraordinarias que vos poidades imaxinar, que lle deron unha imaxe terrorífica á entrada do cole.
O mellor de todo foi o venres. Moitos nenos e profes viñan dsfrazados. Elaboramos uns gorros de bruxa e .....
PASÁMOLO DE MEDO!




lunes, 8 de noviembre de 2010

VISITA DE ASUN ESTÉVEZ

O pasado 28 de outubro, a biblioteca convertiuse unha vez máis no escenario dun gran acontecemento. Os nenos e nenas do segundo ciclo fomos innvitados a coñecer a unha escritora de Bueu. Asun Estévez veu presentarnos a súa última obra " Bicos de Sol". A visita estivo cheo de momentos moi emotivos pois a autora contounos, cal foi o motivo que lle impulsou a escribir este conto que non foi outro que ter pasado por un cancro de mama. Vendo a cara de saúde, o guapa que está e a menxase que nos transmitiu pensamos que esta enfermidade é curable e que non lle debemos ter medo.


ÁNIMO ASUN

lunes, 1 de noviembre de 2010

A VOLTA DE PAPIRUS

Este novo curso segue a transcurrir cheo de novidades. Cando xa pensabamos que este ano tampouco iamos ver a Papirus e cando cada vez eran máis fortes os disques que Papirus era só un peluche.
APARECEU NA BIBLIOTECA!!!!
Non o podiamos crer! A algún case nos da un ataque. Era o día do seu cumple e alí estabamos na biblio para lembrarnos un pouco del, e sen previo aviso abreuse a porta e entrou. Sí, sí como volo digo e viña camiñando. Por certo que nos pes tiña unhas pantuflas de andar por casa. Contounos o ben que o pasou por África e todo o que aprendeu en Asia. Ao final agasallounos cunhas gomis que tiñan forma de polbiños.
ESTABAN DELICIOSOS!!!
Nos, para rermatar cantámoslle cumpleanos feliz. Asegurounos que por agora non se vai volver marchar porque seica botounos moito de menos.
QUERÉMOSTE PAPIRUS

NOVIDADES DO NOVO CURSO

O comezo deste novo curso estivo cheo de sorpresas. Os nenos e nenas de terceiro cambiamos de aula e de profes. A entrada do cole estaba preciosa, chea de luz o que invitaba a entrar. Pero o que máis nos gustou, sen lugar a dúbidas foi o novo patio. Agora temos moitísimo máis espazo onde xogar e máis rincóns para variar os xogos. Se vos apetece podedes ver o que que o pasamos na hora do recreo.
ADIANTE!!!!



miércoles, 27 de octubre de 2010

Benvidos a un novo curso!!!!!!!!!


Dende hoxe comezamos a nosa andaina no noso blogue do 2º ciclo. Esperamos compartir con vos moitas e interesantes aventuras.

Así que estade atentos.

Empezamos xa!!!!!!!!!!!!

martes, 1 de junio de 2010

INAGURAMOS O XIMNASIO

Por fin chegou o día! os primeiros en probalo foron os do segundo ciclo aproveitando que os maiores estaban de viaxe por terras de fallas e laranxas e os pequenos en clase. O primeiro foi unha visita guiada polas distintas dependencias: vestiarios separados para nenos e nenas todo un luxo, despacho do profe coa súa propia ducha, sala de material todo ben colocadiño e arranxadiño e para rematar a figura estrela do percorrido, O XIMNASIO. Chan de vinilo, calefacción con dobre sistema (paneis convectores e aerotermo eléctrico), luz natural, ventilación por extracción, paneis solares para a auga quente, o respeto o medio ambiente ante todo... Adeus ás pingueiras, aos radiadores estorbo, ás columnas tropezón-chichón, ás temperaturas baixo cero, ao chan encharcado esvarón e moratón. Gozaron del como se fosen ananos. A ESPERA FOI MERECIDA!

miércoles, 26 de mayo de 2010

A nena de auga e o príncipe de lume 3ºA

Os nenos e nenas de 3ºA fixeron un resumo e ilustraron o libro de Xabier P. DoCampo. Mirade que bonito lles quedou...





domingo, 23 de mayo de 2010

Abraham Carreiro visita o noso cole

O ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO VISITA O NOSO COLE

Tras a visita dos escritores Daniel Nesquens e Xabier Docampo, toculle o turno a xoven ilustrador Abraham Carreiro.

Non nos resultou de todo descoñecido porque podemos asegurar que non hai un so neno en todo o cole que non coñeza os libros do seu pai Pepe Carreiro" e en especial " Os Bolechas".

" De casta lle ven ao galgo", refrán perfectamente aplicable neste caso, Abraham non nos decepcionou. Cun simple rotulador e unhas láminas de papel continuo, recreou imaxes dos "Contos que len outros nenos do mundo", dos que é ilustrador e escritor na editorial " A Nosa Terra".

O alumnado do 2 ciclo fíxolle multitude de preguntas,ás que el contestou sempre con gran humildade e cercanía. Así confirmounos a grande influencia do seu pai ao que imita dende ben pequeno, pero que completou a súa formación con estudios superiores en Barcelona.

Animou aos nenos a seguir os seu pasos, ao contarlle que agora hai unha boa escola de ilustradores en Ourense.

Contounos que lle gusta máis ser el o autor dos libros que ilustra, que traballar con outro escritor.

Ao rematar a sesión, os alumnos de terceiro mostráronlle o poster que fixeron do conto " A pel do crocodilo" pero que eles chamaron " Crocodile Skin" por telo feito nas sesións de plástica, que este ano dan en inglés por estar inmeros nas seccións bilingües"

lunes, 17 de mayo de 2010

Excursión Á Coruña


Excursión do nenos e nenas de 3º e 4º Á Coruña

O ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO VISITA A CIDADE DA CORUÑA

OS NENOS E NENAS DO 2º CICLO DO CEIP “ A PEDRA” ACUDEN Á CIDADE DA CORUÑA PARA COÑECER DISTINTOS MUSEOS DESTA LOCALIDADE



O martes 13 de abril, para moitos día de mala sorte, os nenos e nenas de 3º e 4º do CEIP “ A Pedra” saíron das inmediacións do colexio ás nove e cuarto da mañá. Coa intención de regresar ás sete e media da tarde.
O primeiro que visitaron ao chegar á cidade foi o Planetario e a Casa das Ciencias. Nestas instalación gozaron da proxección dunha película sobre o universo e comprobaron diversos feitos científicos manipulando os distintos aparellos en cada unha das plantas do edificio.Especial interese causou a visión duns pitiños a punto de romper o casca do ovo.
Ao redor da unha da tarde xa se encontraban na Casa
do Home, onde tras comer, recorreron todas e cada unha das actividades que alí se lle propoñían.
Chegaron posteriormente camiñando ata o Acuario, sendo aquí o máis salientable a visión das focas mentres merendaban.
As seis e media da tarde todos estaban xa metidos no autobús, de regreso a casa. Foi sen dúbida un día inesquecible para todos eles.

domingo, 9 de mayo de 2010

Teatro Caixanova " O neno colchón"


O ALUMNADO DO “ CEIP A PEDRA” ACUDE A UNHA FUNCIÓN DE TEATRO A PONTEVEDRA”

NENOS E NENAS DE 3º E 4º DE PRIMARIA DO CEIP “ A PEDRA” ACUDEN AO AUDITORIO DE CAIXANOVA A PONTEVEDRA PARA ASISTIR A UNHA FUNCIÓN TEATRAL.

Coa ilusión nos seus rostros nenos e nenas de entre 8 a 10 anos saíron das súas aulas para, en autobús, viaxar a Pontevedra o pasado 16 de abril.
As doce da mañá chegaban as inmediacións do auditorio e comezo da obra non se fixo esperar. “ El niño colchón”
Trataba o tema sobre a separación dos pais dun neno e a reacción que este ten sobre o asunto. Chamaba a atención que todos os actores eran reais excepto o neno que era unha marioneta pero que estaba moi ben caracterizada.
Ao rematar a función os nenos e nenas facían moitos comentarios sobre o que acababan de ver. O que quedou claro é que para ninguén pasou inadvertido a situación , aínda que algúns sentíronse máis identificados que outros.

slide videoconferencia

Vídeoconferencia con Ángel, tío de Dani

ENCONTRO DE GALEGOS DE AQUÍ E DE ACOLÁ DOS ALUMNOS DE 4º DE PRIMARIA

O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA DO CEIP “A PEDRA “ COÑECEN A TRAVÉS DO SKIPE A ÁNGEL

O pasado 19 de abril, tivo lugar na aula de informática do CEIP “ A Pedra” , un encontro dentro do proxecto de Normalización lingüística
“ galegos e galegas de aquí e de acolá”. O encontro foi facilitado por Dani, alumno deste curso, e pola súa nai, quen tamén se atopaba na aula.
Ángel é un buenense, que estudou Belas Artes en Valencia e que actualmente vive en Madrid por motivos de estudo e de traballo.
Os nenas e as nenas foron de maneira ordenada facéndolle preguntas, así souberon que participou nunha coñecida serie de televisión, e que ten moitas cousas en común co seu sobriño, sobre todo no bo debuxantes que son, xa que Ángel mostroulle algunha das obras nas que está traballando. Incluso nun momento adicoulles unha pequena mascota que fixo ao momento.

Tartaruga Laúd en Bueu


UNHA TARTARUGA LAÚD APARECE NOS APARELLOS DUN BARCO EN BUEU

OS MARIÑEIROS DUN BARCO PESQUEIRO DE BUEU REMOLCAN ATA O PORTO DE BUEU O CORPO SEN VIDA DUNHA TARTARUGA DE GRANDES DIMENSIÓNS

O pasado 28 abril a tripulación dun pesqueiro con base no porto de Bueu quedou abraiado ao comprobar que unha tartaruga viña enganchada na súa redes. Os mariñeiros se atopaban faenando nas proximidades de Cabo Udra cando se decataron do feito.

A tartaruga foi exposta na lonxa de Bueu, e o acontecemento produciu un gran axitación na vila.


Un biólogo mariño explicou que se trata dunha tartaruga laúd, e que é propia de augas cálidas. Seguramente foi arrastrada por algunha corrente e probablemente morreu conxelada. Outra das causas apuntadas do seu falecemento é que estas tartarugas se alimentan de medusas e que puidera confundilas con bolsas de plástico Esta son so unhas hipóteses e ata que se leven a cabo as probas pertinentes nos se terán datos fiables.

Este biólogo si aportou datos obxectivos, como as dimensións do animal que medía case dous metros e que pesaba uns catrocentos quilos. Trátase dun exemplar xuvenil dun 50 ou 60 anos. Indicou tamén que esta especie non ten unha cuncha propiamente dita, senón unha pel moi grosa e que son as máis grandes das especies de tartarugas coñecidas.

Moitos dos alumnos do colexio A Pedra visitárona na lonxa de Bueu para poder realizar esta noticia.

lunes, 3 de mayo de 2010

VISITA de DANIEL NESQUENS



El pasado 23 de abril nos visitó el autor de Marcos Mostaza , habló con todo el ciclo en la biblioteca del centro, le enseñamos los trabajos que hicimos sobre su libro y nos felicitó.
Nos contó como se puede escribir un cuento a partir de cualquier cosa . Fíjate , que bien lo pasamos .

domingo, 2 de mayo de 2010

MARCOS MOSTAZA

Los alumnos del 2º ciclo leimos en la clase de lengua castellana las aventuras de Marcos Mostaza. En 3ºB hicimos nuestro propio libro, ¿quereis verlo?.










viernes, 5 de febrero de 2010

Benvidos ao noso blog!!

Vamos a contar dende aquí as nosas vivenzas no cole. Empezaremos facendo un pequeno resumo do vivido neste primeiro trimestre.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...